Proxecto Naturalmente

Immagine di intestazione
Vedere video
Finanziato il 30 / 07 / 2020
Co-finanziato
Ottenuto
€ 2.370
Minimo
€ 2.220
Ottimo
€ 3.976
38 Co-finanziatori
Canale
  • Collaborando € 5

    Marcapáxinas con poema (envío a España)

    Con esta doazón recibirás un marcapáxinas cun dos poemas cortos que facemos nas sesións de escritura.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 10

    Xabón artesano + marcapáxinas con poema (envío a España)

    Recibirás un xabón feito na entidade coas plantas da horta máis un marcapáxinas cun dos poemas cortos que facemos nas sesións de escritura.

    > 00 Co-finanziatori
  • Collaborando € 20

    Cesta artesana: bote de aromáticas+chaveiro+xabón artesano+marcapáxinas (envío a España)

    Recibirás unha cesta composta por un bote de aromáticas da nosa horta para infusión, chaveiro, xabón feito na entidade coas plantas da horta máis un marcapáxinas cun dos poemas cortos que facemos nas sesións de escritura. Os chaveiros son aproveitando restos de fieltro ou trapillo.

    > 03 Co-finanziatori
  • Collaborando € 30

    Saco de sementes+cestiña artesana (recogida en la entidad)

    Recibirás un saco de sementes realizado nos obradoiros de costura e unha cestiña artesana composta por un xabón e un marcapáxinas. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 03 Co-finanziatori
  • Collaborando € 30

    Bolsa de tela + cestiña artesana (envío a España)

    Recibirás unha bolsa de tela realizada nos obradoiros de costura e unha cestiña artesana composta por un xabón e un marcapáxinas. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 02 Co-finanziatori
  • Collaborando € 50

    Neceser+saco de sementes (recogida en la entidad)

    Recibirás un saco de sementes e un neceser, realizado nos obradoiros de costura. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 50

    Kit de cultivo (recollida na entidade)

    Recibirás un kit de cultivo composto por caixa decorada, sustrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas plantar na túa terraza ou ventá.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 65

    Neceser+saco de sementes + bolsiña de tela (envío a España)

    Recibirás un saco de sementes, un neceser e unha bolsiña de tela, realizados nos obradoiros de costura. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 80

    Neceser + 2 sacos de sementes + 2 bolsiñas de tela (envío a España)

    Recibirás un neceser, dous sacos de semente e dúas bolsiñas de tela, realizados nos obradoiros de costura. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 100

    Kit de cultivo + dúas bolsas de tela (recollida na entidade)

    Recibirás un kit de cultivo composto por caixa decorada, sustrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas plantar na túa terraza ou ventá e dúas bolsas de tela realizadas nos obradoiros de costura. Cada deseño é diferente, non será o mesmo estampado da fotografía.

    > 01 Co-finanziatori
  • Collaborando € 150

    Kit de cultivo + cesta artesanal (recollida na entidade)

    Recibirás un kit de cultivo composto por caixa decorada, sustrato, hummus, vermiculita e catro tipos de sementes para que poidas plantar na túa terraza ou ventá e unha cesta artesanal con xabóns e sales de baño.

    > 02 Co-finanziatori

Su questo progetto

Acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma

Bisogni Materiale Minimo Ottimo
2 portátiles
2 portátiles para as actividades de alfabetización informática e o traballo de oficina.
€ 1.200
Ordenador de mesa
1 PC con pantalla para as actividades de alfabetización informática e o traballo de oficina.
€ 630
Proxector
Proxector para as sesións formativas e visionados.
€ 390
Arranxo dous ordenadores
Arranxo de dous ordenadores para as actividades de alfabetización informática.
€ 106
Bisogni Compito Minimo Ottimo
Persoal
Apoio para a financiación dos custes de contratación do persoal que levará a cabo o proxecto.
€ 1.350
Gastos de comunicación
Gastos de internet e wifi para o desenvolvemento do proxecto.
€ 300
Totale € 2.220 € 3.976
Imprescindibile
Aggiuntivo

Informazione generale

Naturalmente é un proxecto nado no 2011 que pretende traballar e fomentar a autonomía das persoas con trastornos mentais facendo especial fincapé na intervención co medioambiente, adquisición de hábitos de consumo saudables e adestramento de capacidades para levar unha vida autónoma, como no caso das novas tecnoloxías. Destacar que o noso principal traballo en Saúde Mental radica na comunidade, pois entendemos a intervención dende unha esfera global, tendo en conta a todos os axentes que directa e indirectamente interveñen na integración das persoas na sociedade, por iso as nosas actividades potencian a participación de todas e todos.

Descrizione del progetto. Caratteristiche, punti di forza e peculiarità.

O obxectivo principal do proxecto é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades rehabilitadoras e mediombientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde

Para a posta en marcha deste proxecto contemplamos a posta en marcha das seguintes actividades principais, sendo a primeira delas a protagonista desta campaña de financiación.

👉 Alfabetización informática. Fronte á facilidade "natural" coa que todas as persoas xoves utilizan as tecnoloxías, atopámonos traballando cun colectivo visiblemente discrminado e excluído tecnoloxicamente. Isto pode deberse, por unha parte, aos ingresos insuficientes de maneira que os aparatos electrónicos convértense en bens inasequibles para persoas pensionistas; pero a máis importante é a falta de coñecementos informáticos básicos, quizais pola diferenza xeracional coas novas tecnoloxías. Actualmente é fundamental para unha correcta integración e participación da vida pública, polo que precisamos traballar na súa formación e conseguir recursos básicos. Queremos que as persoas participantes sexan autónomas e autónomos en canto ás novas tecnoloxías para poder levar a cabo cousas tan simples como consultar horarios de autobús, xestionar citas médicas, ver a axenda cultural ou poder ver unha película libremente escollida... Esta necesidade, sobre todo, quedou moi reflexada ante a crise do COVID-19, pois as nosas persoas usuarias non puideron levar a cabo moitos trámites por non ter os coñecementos suficientes en novas tecnoloxías, do mesmo xeito que os tempos en soidade na casa foron peores.

👉 Mantemento de tres hortas ecolóxicas no barrio de Teis, no concello de Vigo, coa finalidade de ensinar á poboación a cantidade de posibilidades da horticultura, ademais de poder educar a cativas e cativos, de forma práctica, nos procesos mediambientais. Neste espazo tamén está a existencia dunha zona de compostaxe, para completar todo o proceso das hortalizas, que dun xeito ou doutro, voltan á horta.

👉 Mantemento e coidado do viveiro e invernadoiro coa idea de fomentar hábitos e rutinas, e poder instruír en materia de mantemento de viveiros e xardíns e creación de centros de xardinaría.

👉 Por outra banda, tamén pretendemos darlle continuidade a un obradoiro no que temos experiencia, que é o de Reutilización e Reciclaxe, coa finalidade de reducir o uso e maluso de moitos obxectos, e darlle utilidade a obxectos que doutra forma tiraríamos. Aquí destacamos a iniciación á costura que comezamos hai uns meses, pola que estamos reutilizando telas de muestrarios e diferentes retais de costura.

👉 Actividades abertas, que fomenten a conciencia comunitaria e fomenten espazos de participación colectiva para unha completa desestigmatización e unha mellor convivencia en comunidade.

👉 Outra das nosas actividades é a de Respira Naturalmente, de respiros familiares e estadías de fins de semana ou vacacións que levaremos a cabo, que terán unha parte de excursión medioambiental, e que tamén aproveitaremos para levar a cabo colaboracións con diferentes entidades galegas.

👉 E por último, unha actividade de xantar coa finalidade de darlle a máxima utilidade á horta ao mesmo tempo que fomentamos e adestramos as habilidades na cociña. “Da horta á cociña” pretende aportar un mínimo dunha comida semanal ás persoas participantes, ao mesmo tempo que aprenden e practican a arte da cociña, fomentando así a súa autonomía e autoestima.

img-20180517-113718-844.jpg

Motivazione e a chi si dirige il progetto

Este proxecto vai dirixido principalmente a persoas con trastornos mentais e as súas familias e, por seres actividades abertas, tamén á comunidade máis cercana.

A saúde é un dereito que se encontra recollido no artigo 43 da Constitución Española, polo que se garante unha atención sanitaria adecuada e ao alcance de todas e todos. Pero ademais, tamén é unha obriga da sociedade o seu coidado e promoción, xa sexa a través da contribución á conservación do medioambiente como prestando os primeiros auxilios básicos a quen os precise.

En Vigo, anualmente rexístranse unha media de 2,7 ingresos hospitalarios diarios por trastornos psicóticos, e supoñen o 55 % das hospitalizacións totais, número que podería verse extremadamente reducido se recibisen a rehabilitación e os recursos necesarios. Segundo os últimos datos da antiga Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, na comunidade hai máis de 41.500 persoas que teñen algún tipo de trastorno mental, sendo esta a segunda causa de discapacidade. Entre o 1,5 e o 2% da poboación galega ten un trastorno mental, o que converte a esta como unha problemática de alta repercusión, tanto na persoa coa enfermidade mental como na súa familia. Desta cifra podemos considerar que un terzo deles son incapaces de levar unha vida autónoma.

A Organización Mundial da Saúde considera que o 25% da poboación mundial sufrirá ao longo da súa vida algún trastorno mental, isto é, 1 de cada 4 persoas. Por outra parte, tamén considera que en España, máis da metade das persoas con enfermidade mental que precisan tratamento, non o reciben, e unha alta porcentaxe non recibe o tratamento adecuado. Outro dato a ter en conta é que o 90 % dos suicidios son de persoas que teñen algún trastorno mental.

img-20191010-190723-352.jpg

Esperienza previa e team

Levamos realizando este proxecto dende o ano 2011, acollendo cada vez a máis persoas participantes, modificando o proxecto para adaptarse tanto ao público como ás circunstancias externas que nos rodean. Anteriormente levamos a cabo outra campaña de financiación comunitaria para a creación do invernadoiro, con resultados fabuloso.

Estabilizadas as partes medioambientais, agora cómpre estabilizar a área tecnolóxica e dotar a chicos e chicas de material informático no que poder levar a cabo as actividades de alfabetización informática, incorporalos á esfera dixital e facer que a súa autonomía e comunicación co medio sea en igualdade de oportunidades.

foto-24.png

Impegno sociale

Sustainable Development Goals

  • Good Health and Well-Being

    Ensuring healthy lives and promoting the well-being for all at all ages is essential to sustainable development.

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.

  • Reduced Inequalities

    To reduce inequalities, policies should be universal in principle, paying attention to the needs of disadvantaged and marginalized populations.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Peace, Justice and Strong Institutions

    Access to justice for all, and building effective, accountable institutions at all levels.