Reboiras. Acción e corazón

Immagine di intestazione
Vedere video
Finanziato il 01 / 10 / 2019
Co-finanziato
Ottenuto
€ 20.197
Minimo
€ 12.200
Ottimo
€ 20.000
444 Co-finanziatori
Canale
  • Collaborando € 10

    Mención nos créditos
    • Mención nos créditos do filme como participante

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Co-finanziatori
  • Collaborando € 20

    Mención nos créditos + filme + libro
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 220 Co-finanziatori
  • Collaborando € 50

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV
    • Mención nos créditos do filme como participante

    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.

    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes

    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 115 Co-finanziatori
  • Collaborando € 200

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía
    • Mención nos créditos do filme como participante
    • Exemplar en soporte físico do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70 nun novo número da revista Terra e Tempo, acompañada de fotografías da rodaxe e novos documentos.
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 16 Co-finanziatori
  • Collaborando € 500

    Mención nos créditos + filme + libro + obras escollidas de Bautista Álvarez + CCCV + serigrafía + convite á rodaxe
    • Copia física do filme Reboiras. Acción e corazón, xunto coa reedición do libro Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70
    • Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes
    • Documental Cine Clube Carlos Varela de Ramiro Ledo
    • Serigrafía numerada e asinada do óleo/cartón de Xoán Guerreiro Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, Faro de Touriñán alumeando, Xove, Marzo de 2014. 50x70cm. Serie limitada de 99 serigrafías da obra orixinal de Xoán Guerreiro. Están numeradas, supervisadas e asinadas polo autor. Xoán Guerreiro, Xove 1959, é un dos nosos pintores máis recoñecidos no ámbito galego e internacional.
    • Convite para asistir a dúas sesións de rodaxe

    Inclúe gastos de envío dentro da Galiza

    Implicándote e apoiando proxectos a través da plataforma de Goteo desgravas entre un 30% e un 75% do importe da túa doazón.
    +Info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-finanziatori

O micromecenado alcanza o mínimo estipulado para iniciar os traballos do filme. Agora imos a polo óptimo!

21 | 08 | 2019
O micromecenado alcanza o mínimo estipulado para iniciar os traballos do filme. Agora imos a polo óptimo!

Grazas ao apoio de 261 persoas, a campaña de micromecenado lanzada para financiar a gravación do documental Reboiras Acción e corazón alcanzou en 20 días o mínimo de financiación necesario para iniciar os traballos.

O filme, dirixido por Alberte Mera e producido pola Fundación Terra e Tempo, será a primeira longametraxe en narrar a vida de Moncho Reboiras, xoven nacionalista asasinado polo réxime franquista na Galiza a 12 de agosto de 1975.

A data de estrea será en 2020, cando se fagan os 45 anos da súa morte.

Nas últimas semanas, a Fundación Terra e Tempo conseguiu recadar 12.200 euros, a cantidade mínima estipulada para garantir a produción satisfactoria da primeira longametraxe sobre Moncho Reboiras.

Agradecidas polo apoio recibido a través das 261 doazóns, a Fundación espera acadar no próximo mes a cifra de 20.000 euros, que é a cantidade de financiamento óptima para levar a bo porto o proxecto, que conta tamén cunha axuda da Deputación da Coruña, conseguida en concorrencia competitiva.

Os fondos recadados utilizaranse para desenvolver as actividades de filmación e produción do filme, así como sufragar os gastos da equipa técnico profesional involucrada. O fin último é reconstruír e difundir a memoria de Reboiras, figura chave na loita antifranquista na Galiza, alicerce de múltiples frentes de actuación do nacionalismo e de auto organización do pobo galego, a través de diversos materiais: entrevistas a persoas que compartiron con el momentos persoais e de traballo militante; recreacións ficcionadas de momentos clave na síua vida, como os últimos momentos do 12 de agosto en Ferrol, e a compilación de materiais de arquivo xa coñecidos e outros reunidos durante os traballos de documentación.

Nesta segunda etapa de financiamento colectivo, na que se quere chegar aos 20.000 euros, a Fundación Terra e Tempo segue ofrecendo onsequios para as persoas doantes. Todas elas serán consideradas colaboradoras e aparecerán nos agradecementos nos créditos do documental. Ademáis, quen aporte 20 euros ou máis recibirá unha copia física do documental, xunto á reedición do libro Moncho Reboiras, o nacionalismo galego nos anos 70. Outras das recompensas, dependendo da contía doada, son as Obras escollidas de Bautista Álvarez en 3 volumes, o documental Cine Clube Carlos Varela, de Ramiro Ledo e a serigrafía numerada e asinada Xurdeu a luz nunha longa noite de pedra, de Xoán Guerreiro. Ademais, tamén poderán conseguirse pases para asistir a dúas sesións de rodaxe.

Todas as persoas que desexen formar parte desta histórica homenaxe a Moncho Reboiras e todas as persoas que loitaron polos dereitos do pobo galego, poden facelo aquí: https://gl.goteo.org/project/reboiras-accion-e-corazon

Commenti

Inizia sessione per lasciare un commento