Por un audiovisual transfeminista galego

Immagine di intestazione
Vedere video
Unico giro Restano 12 giorni
Ottenuto
€ 2.456
Minimo
€ 3.600
Ottimo
€ 4.000
67 Co-finanziatori

Collaborando € 10

MECENAS DO NOSO CARIÑO

Aparecerás na web como mecenas de CRU e do primeiro festival audiovisual transfeminista de Galiza organizado por CRU.

> 14 Co-finanziatori

Collaborando € 15

SORTEO DUNHA IMPRESIÓN

Entras no sorteo dunha impresión de grandes dimensións en plotter (con tintas e papeis certificados para calidade de museo). Okupa as paredes ca tua arte!

> 10 Co-finanziatori

Collaborando € 20

MECENAS DOS PRODUTOS AUDIOVISUAIS TRANSFEMINISTAS

Aparecerás nos créditos dos vindeiros proxectos audiovisuais transfeministas de CRU como mecenas. Precisámoste!

> 09 Co-finanziatori

Collaborando € 20

UN CAMEO

¿Sempre quixeches ter un papel nun filme? Aparecerás nun vídeo de CRU como figuración así que asistirás a unha ou varias xornadas de rodaxe de CRU.

> 02 Co-finanziatori

Collaborando € 30

INSCRICIÓN INAUGURACIÓN DE CRU

Nos vindeiros meses CRU organizará unha inauguración con diversas actividades e propostas culturais. Esta recompensa dache acceso a todas elas de balde.

> 06 Co-finanziatori

Collaborando € 50

SORTEO DUNHA CEA

Entras no sorteo dunha cea con nós: falaremos de cinema ou do que a ti che pete. Temos carrete para rato. En caso de que non che toque lévaste unha entrada de balde a todas as actividades da inauguración de CRU.

> 03 Co-finanziatori

Collaborando € 50

SORTEO DE RETRATO

Entras no sorteo dun retrato fotográfico con cámara de medio formato e dixitalización da imaxe, valorado en 250 euros: por fin poderás ser a tua propia Xove da Perla.

> 06 Co-finanziatori

Collaborando € 200

SORTEO DUN VIDEOCLIP

Entras no sorteo dun videoclip, valorado en 3.000 euros, con foto fixa da rodaxe para as túas redes sociais ou as da túa banda. Se non che toca, podes escoller se levar unha camisola ou un cortaventos de CRU e tes entrada de balde para o Concerto de presentación de Suor do Rabelo, na Sala Doppler de Vigo, o 17 de Xuño de 2022.

> 03 Co-finanziatori

Su questo progetto

Bótanos unha man!
Bisogni Materiale Minimo Ottimo
LENTE
Precisamos unha lente de calidade media que nos permita gravar contidos capaces de competir no mercado global.
€ 600
DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO
Precisamos dispositivos de almacenamento para contidos en 4K.
€ 400
Bisogni Infrastruttura Minimo Ottimo
Posicionamento e RRSS
Precisamos facer unha inversión en posicionamento online e difusión en redes sociais para que o audiovisual galego se coñeza polo mundo adiante!
€ 900
WEB
Precisamos contratar un servizo permanente de desenvolvemento e mantemento web.
€ 600
VENDA DE PROXECTOS
Precisamos unha partida de orzamento destinada á venda dos proxectos que xa temos: unha serie documental e unha serie web. Esta partida inclúe a realización dos dossieres e as viaxes precisas para conseguir financiamento no mercado estatal e internacional.
€ 700
ASESORÍA LEGAL E XURÍDICA
Precisamos a contratación dun servizo de asesoría legal e xurídica para os vindeiros meses.
€ 800
Totale € 3.600 € 4.000
Imprescindibile
Aggiuntivo

Informazione generale

Esta é unha proposta de financiamento colaborativo que lanzamos á sociedade para poder soster o proxecto de narrar historias desde as entrañas: para poder soster o proxecto de contarvos o invisíbel. CRU Producións Sociedade Cooperativa Galega nace cuns valores sociais acoutados á unha vontade de transformación transfeminista perante as relacións de dominación e subordinación insertas no sistema heteropatriarcal. A cooperativa responde á confluencia dos camiños das súas promotoras, amigas desde a infancia, e ás súas mesmas pretensións e fondos coñecementos arredor das múltiples suxeccións entre o xénero e o universo audiovisual, tanto diante como detrás das cámaras.
CRU é unha produtora audiovisual encarregada de desenvolver, producir e distribuír ficcións e non ficcións, concretadas estas en longametraxes, curtametraxes ou guións de series de televisión, series ou programas web e vídeos musicais ou publicitarios. CRU é tamén un espazo de formación transfeminista: un lugar para aprender a ollar doutra maneira a través de distintos obradoiros que procuran a construción dunha mirada crítica capaz de reflexionar sobre o universo audiovisual e o seu lugar na sociedade. CRU é, ademais, unha produtora de eventos culturais, mostras de cinema, exposicións ou outros, co obxectivo de visibilizar o quefacer de creadoras transfeministas e establecer redes de alianzas entre todas nós.
Así, CRU ofrece os seus servizos como produtora cinematográfica -abranguendo o conxunto de procesos inxeridos na creación audiovisual-, entidade docente non regrada -comprendida como unha ferramenta didáctica- e produtora de eventos -organizadora de determinadas propostas culturais transfeministas-.

Descrizione del progetto. Caratteristiche, punti di forza e peculiarità.

Os noso obxectivo a curto prazo é constituírnos como empresa desde a diferenciación e a diversificación de produtos a carón de novas equipas de traballadoras culturais e novos contidos e estéticas. A medio prazo, aspiramos a acadar unha rendabilidade económica compatíbel coa idea de continuar a construír audiencias sexuadas, froito de alianzas entre as identidades subordinadas dentro dos distintos sectores creativos. Con vista longa e paso curto, CRU ten como obxectivo final posicionarse no mercado estatal como unha empresa capaz de competir no sector audiovisual global desde a singularidade de ser unha produtora galega.
En definitiva, CRU nace como un axente novo no panorama e nace coa convicción cooperativista que aposta por unha organización horizontal do traballo, polo valor das persoas e as súas experiencias no proceso creativo e para facer parte dunha economía social consolidada que fomenta as redes de colaboración entre empresas cos mesmos principios.

plantilla-storyboard-bea.jpg

Motivazione e a chi si dirige il progetto

Novas equipas que estean exclusivamente formadas por persoas con identidades subordinadas polo sistema heteropatriarcal para promover a nosa integración no sector audiovisual, na tentativa de rematar coa discriminación e desigualdade laboral.
Novos contidos que son novas miradas sobre realidades ignoradas, grazas a un fondo coñecemento arredor das relacións de xénero e a unha andaina consolidada na exploración de narrativas transfeministas.
Novas estéticas que comuniquen e compitan nun mercado cultural e comunicativo global.
Novas alianzas que sosteñan redes entre persoas ou entidades do sector audiovisual cos mesmos valores capaces de xerar sinerxias con persoas ou entidades doutros sectores creativos cara a constitución dunha fronte cultural.
Novas audiencias que evidencien a existencia dunha espectatoriedade sexuada que tería sido obviada e infrarepresentada cara a construción doutras dinámicas de identificación.
Novo espazo que dea cabida á reunión, distribución e divulgación dunha cultura alternativa. Un local capaz de visibilizar a produción cultural transfeminista, o primeiro en Galicia destas características, promovendo un interese cultural mediante diversas actividades (exposicións, showroom, mostras, festivais, formacións, conferencias, charlas).

Unha nova visión para unha empresa nova no sector. CRU Producións Sociedade Cooperativa Galega ten unha clara vocación rupturista frente a industria audiovisual galega, aspirando a colocar a Galicia na vangarda do audiovisual estatal, aproximando a súa organización empresarial e os seus servizos e produtos culturais ás vangardas doutros territorios.

mg-4829-regimen-larampascual.jpg mg-5112-regimen-larampascual.jpg

Esperienza previa e team

Bea Saiáns (Vigo, 1991) é graduada en Comunicación Audiovisual (UVIGO, 2016), e especializada en Xénero e Comunicación (UAB, 2018). Ten dirixido varias curtametraxes como Anti-mulleres.Existir Mal (2016), Historias de Non-Ficción (2018), Cinema Anémico (2017), ou Pai (2019), así coma vídeos musicais. En Monstras (García Cid, 2020) ocupa o cargo de dirección de fotografía. Recentemente foi finalista da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA, a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales.

Eire Cid (Vigo, 1991) é Doutora Cum Laude en Comunicación e Información Contemporánea (2021, USC). Ademais, é cofundadora e presidenta de Corentena Producións, asociación para a que realizou diversos traballos de guión e dirección como Monstras (2020), a primeira webserie feminista en galego e gravada por unha equipa de mulleres. Eire conta con diversos recoñecementos no territorio galego; recentemente foi candidata aos I Premios Mulleres no Foco (2021) organizados pola Deputación de Pontevedra e CIMA, a Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales.

dsc-0738-3.jpg

Impegno sociale

Sustainable Development Goals

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.